Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O luns 23 de xuño remata o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán

O luns 23 de xuño remata o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán

O Concello lembra que o próximo luns 23 de xuño remata o prazo para a presentación das solicitudes de permiso para as fogueiras de San Xoán (Lume Novo).  As solicitudes están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local e o prazo para presentalas pecharáse ás 13.00 horas.

  • Tema
    • Seguridade
Martes, 17 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, ditou un bando que recolle as normas ás que se teñen que axustar as as fogueiras no que se prohibe a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Tamén se prohibe o lanzamento de foguetes.

Tamén se establece no bando que as fogueiras non poderán facerse en lugares póximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xaríns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo. Tampouco se poderán facer dentro do recinto do casco histórico.

Obriga, ademais, ó responsable ou responsables e ós organizadores de cada fogueira a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requerimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-luns-23-de-xuno-remata-o-prazo-de-solicitude-para-fogueiras-de-san-xoan