Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Inicia Coworking abre as inscricións para a súa cuarta e última edición, avalado por un éxito do 70% dos participantes cun negocio en marcha

O Inicia Coworking abre as inscricións para a súa cuarta e última edición, avalado por un éxito do 70% dos participantes cun negocio en marcha

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa. Os e as interesadas en sumarse poden facelo no enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion [1]

Ana Prieto animou a todas aquelas persoas con iniciativa e con ideas para novos proxectos a presentar as súas ideas a esta convocatoria, ata o 15 de decembro. Esta fase desenvolverase entre xaneiro e xuño no CEI-NODUS

  • Tema
    • Emprendemento
Xoves, 15 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Inicia Coworking abre as inscricións para a súa cuarta e última edición, avalado por un éxito do 70% dos participantes cun negocio en marcha

O Inicia Coworking de Lugo, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) no CEI-NODUS e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa ten aberta a inscrición para a cuarta e última edición desta iniciativa, na que se ofrece, de xeito individualizado e totalmente gratuíto, formación e acompañamento para a posta en marcha ou consolidación de novos proxectos de caracter emprendedor e inovador.

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa que acadou gran éxito nas tres edicións anteriores, posto que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras que xa participaron no Inicia Coworking teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando. Ademais, máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres.

As persoas interesadas en sumarse poden facelo, ata o 15 de decmebro, a través da páxina web municipal, www.lugo.gal [2], ou no enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion/admision [3], onde se pode atopar máis información sobre esta iniciativa. Esta fase desenvolverase entre xaneiro e xuño do vindeiro ano no CEI-NODUS.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, encargada de dar a coñecer a  nova apertura de prazo, xunto á mentora deste programa Úrsula Pérez, fixo énfase na contribución que fai este plan ao tecido empresarial lucense, axudando á creación de emprego. Nesta liña, Preito subliñou o compromiso do Goberno co emprego, eido ao que destina 3 millóns de euros nos orzamentos. De feito, a día de hoxe están en marcha programas por importe de 2 millóns de euros, que melloran a inserción laboral dos e das lucenses. Ademais do Inicia Coworking, funciona o viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería e celébranse os obradoiros Fórum 4.0 e InteracTICvate ou o Mellora Lugo 2018.

Prieto animou a todas aquelas persoas con iniciativa e con ideas para novos proxectos a presentar as súas ideas a esta convocatoria. Entre todas as inscricións realizarase unha selección de participantes nesta cuarta edición do Inicia Coworking.

O de Lugo é un dos máis de 50 espazos Coworking que a EOI ten en España para emprender, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados. Conta cun orzamento de 800.000€, cofinanciados polo Concello e a Escola de Organización Industrial.

Máis información no teléfono 982-29-74-72 ou en cwlugo@eoi.es [4].

Audio

  • Ana Prieto, sobre o Inicia Coworking | Descargar mp3 [5]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-inicia-coworking-abre-inscricions-para-sua-cuarta-e-ultima-edicion-avalado-por-un-exito-do

Ligazóns:
[1] https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion
[2] http://www.lugo.gal/
[3] https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion/admision
[4] mailto:cwlugo@eoi.es
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/151118_prieto-coworking.mp3