Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Impulso Verde recibe a visita de alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela

O Impulso Verde recibe a visita de alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Venres, 01 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Impulso Verde recibe a visita de alumnado de Edificación e Obra Civil de Santiago de Compostela

Alumnado do Ciclo Superior de Edificación e Obra Civil, do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela visitou as instalacións do edificio municipal Impulso Verde, promovido polo executivo municipal na Garaballa no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea.

O grupo, formado por 20 alumnas e alumnos, mostrou o seu interese por coñecer exemplos de edificación e de arquitectura na que se aplican novas tecnoloxías da construción e utilízanse técnicas de arquitectura pasiva (Passiv House), como ocorre no edificio Impulso Verde.

Este inmoble cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Paula Alvarellos. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.

Así, trátase do primeiro edificio en España e un dos poucos no mundo en obter a certificación de proxectos FSC, unha prestixiosa garantía que confirma que esta construción non contribúe á deforestación e aposta polo produto local. Tamén é un referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-impulso-verde-recibe-visita-de-alumnado-de-edificacion-e-obra-civil-de-santiago-de