Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O horto urbano da Casa da Xuventude comeza a dar os seus froitos

O horto urbano da Casa da Xuventude comeza a dar os seus froitos

Os alumnos e alumnas do curso de horto urbano posto en marcha polo Concello o pasado agosto recolleron leitugas e nabizas para o seu propio consumo

  • Tema
    • Xuventude
Martes, 20 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Horto urbano

Os rapaces e rapazas que crearon un horto urbano no entorno da Casa da Xuventude o pasado agosto grazas a un curso teórico-práctico posto en marcha polo Concello no marco do programa +Xti, están a recoller os primeiros froitos deste horto para o seu autoconsumo, nabizas e leitugas. Estas hortalizas, plantadas semanas atrás polos monitores e os alumnos de dito curso, foron coidadas e tratadas polos propios alumnos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-horto-urbano-da-casa-da-xuventude-comeza-dar-os-seus-froitos