Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O horario de apertura dos edicificios municipais modifícanse durante as festas de San Froilán

O horario de apertura dos edicificios municipais modifícanse durante as festas de San Froilán

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 03 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con motivo da celebración das festas de San Froilán 2008, entre o 7 e o 10 de outubro (ambos inclusive), o horario de apertura das dependencias municipais será de 9:00 a 14:00 horas. O luns día 13 de outubro o horario volverá a ser o habitual.

Recórdase ademais que debido ás festas de San Froilán, os edificios municipais e os centros sociais permanecerán pechados durante o luns 6 de outubro.

Ao coincidir en domingo o festivo local 5 de outubro, día do patrón da cidade, pásase á xornada seguinte.

Nesta data a cidade continuará coas numerosas actividades festivas como os xogos e espectáculos do San Froilanciño para os nenos, pasarrúas, actuacións de música tradicional, fogos artificiais, os concertos de Conchita e Los Suaves, así como a verbena na praza Maior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-horario-de-apertura-dos-edicificios-municipais-modificanse-durante-festas-de-san-froilan