Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Harpastvm, o espectáculo do Arde Lvcvs entre o fútbol e o rugby, aínda ten entradas á venda

O Harpastvm, o espectáculo do Arde Lvcvs entre o fútbol e o rugby, aínda ten entradas á venda

Poden mercarse, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa, a través da web www.entradaslugo.es [1] ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo

Esta cita terá lugar este venres, 14 de xuño, na explanada do Pavillón Municipal, ás 21:00 horas e correrá a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana

Mañá remata o prazo de inscrición para a III Mvrvs Lvcis, que se disputará tamén o venres, ás 12 da noite, polo adarve da Muralla

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Luns, 10 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Harpastv, o espectáculo do Arde Lvcvs entre o fútbol e o rugby, aínda ten entradas á venda. Poden mercarse, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa, a través da web www.entradaslugo.es [1] ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

Esta cita terá lugar este venres, 14 de xuño, na explanada do Pavillón Municipal, ás 21:00 horas e correrá a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana.

III Mvrvs Lvcis

A Mvrvs Lvcis, que reta por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, pecha mañá a súa inscrición. O límite de inscricións será de 200 persoas, 100 romanos e romanas e 100 castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse a través da páxina web www.championchipnorte.com [2]. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigusoa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a  proba.

A proba deportiva do Arde Lvcvs celebrarse tamén o venres, 14 de xuño, a partir das doce da noite. Esta carreira nocturna constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.

A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, o mércores 12 de xuño, a partir das 16:00 horas, e o 13 e 14 de xuño en horario da apertura do centro. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.

A proba comezará e rematará na praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.

Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com [3].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-harpastvm-o-espectaculo-do-arde-lvcvs-entre-o-futbol-e-o-rugby-ainda-ten-entradas-venda

Ligazóns:
[1] http://www.entradaslugo.es
[2] http://www.championchipnorte.com/
[3] http://www.ardelucus.com/