Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno reforza a brigada de Vías e Obras con seis novos traballadores

O Goberno reforza a brigada de Vías e Obras con seis novos traballadores

  • Tema
    • Emprego,
    • Infraestruturas
Mércores, 20 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou este mércores que reforzará a brigada municipal de Vías e Obras coa contratación durante seis meses de seis novos traballadores: tres oficiais albaneis e tres operarios, “co obxecto de facer unha serie de traballos de mantemento e melloras en rúas da cidade, que complementarán ás actuacións desenvolvidas a través do Plan Mellora Lugo de infraestruturas, que rematou recentemente”, explicou o edil.

Os traballadores contratados forman parte da lista resultante do proceso selectivo convocado polo Concello para a cobertura temporal de prazas de operario.

As tarefas a desenvolver estarán relacionadas co arranxo e mantemento de gabias, canles e reixas de recollida de augas pluviais, rexistros de saneamento, bolardos e sinais, ou pavimentación da rede viaria.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre os seis novos traballadores | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-reforza-brigada-de-vias-e-obras-con-seis-novos-traballadores

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200917_reforzo_brigadas_vias_e_obras_-_manuel_nunez.mp3