Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno realiza labores de poda na contorna do colexio de Casás, garantíndolle maior nivel de seguridade aos seus 450 alumnos e alumnas

O Goberno realiza labores de poda na contorna do colexio de Casás, garantíndolle maior nivel de seguridade aos seus 450 alumnos e alumnas

O Concello leva a cabo ao longo desta semana as tarefas, cun orzamento de 4.000 euros, coas que se da resposta á petición do Consello Escolar deste centro educativo

  • Tema
    • Educación,
    • Medio ambiente
Xoves, 27 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno realiza labores de poda na contorna do colexio de Casás, garantíndolle maior nivel de seguridade aos seus 350 alumnos e alumnas

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer que o Goberno está a realizar labores de poda en árbores da contorna do colexio público de Casás. As tarefas, cun orzamento duns 4.000 euros, levaranse a cabo ao longo desta semana.

Tal e como explicou Núñez, o Concello acomete estes traballos en resposta a unha petición do Consello Escolar deste centro educativo. Concretamente, trátase da tala de 12 cipreses que se atopan no lateral do recinto escolar limitando cun parque, dada a perigosidade de caer ante un día de temporal, o que podería supoñer perigo para os nenos e nenas.

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos preto de 450 alumnos e alumnas do centro, garantíndolle ademais un maior nivel de seguridade á comunidade escolar de Casás.

Audio

  • O concelleiro Manuel Núñez sobre as labores de poda na contorna do colexio de Casás | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-realiza-labores-de-poda-na-contorna-do-colexio-de-casas-garantindolle-maior-nivel-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/271218_nunez_casas.mp3