Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno, nun novo exercicio de transparencia, fai públicos os gastos e ingresos das festas patronais, o San Froilán

O Goberno, nun novo exercicio de transparencia, fai públicos os gastos e ingresos das festas patronais, o San Froilán

Fíxoo a Concelleira de Cultura nunha xuntanza da Comisión de Festas, que tivo lugar este martes no Salón de Comisións

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 26 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno, nun novo exercicio de transparencia, fai públicos os gastos e ingresos das festas patronais, o San Froilán

O Goberno de Lugo, nun novo exercicio de trasparencia, presentou este martes, nunha xuntanza da Comisión de Festas do San Froilán, as contas sobre o orzamento destes festexos, que se situou nos 639.300 euros. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nunha reunión que tivo lugar no Salón de Comisións, na que participaron técnicos da área de cultura así como representantes dos distintos grupos da Corporación Municipal. O San Froilán foi neste 2017 unha festas para enmarcar pola altísima particIpación rexistrada e o gran ambiente e animación vivido nas rúas.

Tal e como informou a edil, os ingresos (501.584 euros) prodeceron principalmente do feiral (349.939,20 euros) e das casetas do polbo (120.044,90 euros), así como distintos  patrocinadores: Axencia Galega de Turismo (20.000€), Abanca (5.000€), Gadis (2.500€), Calfensa (1.500€) e Editorial MIC (2.600€).

En canto aos gastos, Basadre subliñou que o Concello xa ten pagado 610.627,09 euros no que a gastos se refire, tanto de infraestruturas, promocións e difusións, prevención de riscos, producións, stands, carpas ou iluminación. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o San Froilán | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-nun-novo-exercicio-de-transparencia-fai-publicos-os-gastos-e-ingresos-das-festas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/261217_basadre-contassanfroilan.mp3