Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda

O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda

A área de Mobilidade trata de garantir a mellor accesibilidade peonil e do tráfico rodado nos novos itinerarios do centro de Lugo

Técnicos municipais e da empresa concesionaria do transporte público realizaron esta mañá unha nova serie de probas

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Mércores, 27 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda

Na mañá de hoxe, persoal técnico municipal e da empresa concesionaria do transporte público desprazáronse á rúa Cidade de Viveiro para realizar novas probas de maniobrabilidade do bus urbano. Desde a área de Mobilidade búscase garantir a mellora accesibilidade tanto para as persoas como para os vehículos nos novos itinerarios do centro da cidade resultantes da obra de humanización da Ronda da Muralla, na zona sur.

Desde a área de Mobilidade trabállase para garantir a maniobrabilidade de todo tipo de vehículos que circulan por estas zonas. O edil de  Infraestruturas estivo presente esta mañá nas probas realizadas cun vehículo de 15 metros de longo adicado ao transporte de pasaxeiros, xa que o paso deste tipo de vehículos por estas rúas acontecerá poucas veces ao ano.

Coas probas realizadas hoxe, a área de Mobilidade avanza na recuperación da normalidade no tráfico rodado no centro da cidade, unha vez rematen as obras de humanización do treito da rúa Santiago á Rúa Vilalba.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-municipal-realiza-probas-de-maniobrabilidade-para-vehiculos-nas-obras-da-ronda