O Goberno mellora as instalacións do pavillón Daniel Cordido e o campo de fútbol das Gándaras grazas ao Plan Mellora que ten en marcha
- Tema
- Deportes,
- Instalacións deportivas
O voceiro municipal e Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, informou este martes de que grazas ao Plan Mellora Lugo que ten en marcha o Goberno co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral e mellorar os espazos e instalacións públicos, acometéronse xa diversos traballos nas dependencias deportivas municipais. Así, nos vestiarios do pavillón Daniel Cordido cambiáronse os azulexos por chapa de aluminio e colocáronse cantos de protección, pintáronse as paredes e seláronse as zonas azulexadas. Ademais, no campo de fútbol das Gándaras arranxáronse as duchas, bancos, e rexas e ventás dos vestiarios.
Unha vez concluídos estes traballos, a través do Plan Mellora o Goberno procederá á revisión e cambio no seu caso dos asentos de todas as instalacións deportivas. Así mesmo, segundo explicou Fernández, “solicitóuselles aos clubes que nos envíen unha relación coas necesidades de mantemento que perciben”.
“Trátase de actuacións de pequena entidade, pero de importante repercusión social porque melloran a seguridade e calidade das instalacións que están a disposición de todos os veciños e veciñas”, subliñou o voceiro.
O Goberno inviste 380.000€ no Plan Mellora, que conta con catro liñas de actuación: mantemento de espazos verdes públicos, da rede viaria municipal, de construcións rurais singulares e patrimoniais, e de instalacións deportivas.
Audio
- O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, sobre as melloras no pavillón Daniel Cordido | Descargar mp3 [1]