O Goberno local ten que declinar a maioría das emendas presentadas polo grupo municipal do PP ao proxecto de Orzamentos por incumprir requisitos técnicos e formales que as coverten en inadmisibles
En concreto, as emendas nº 37, 38, 40, 42, 44, 45, 47, 48, 49 e 51 o que implica que non se axustan á estrutura orzamentaria legalmente establecida ao inclumplir o artículo 100 da normativa aplciable.
Ademais, na mesma sesión outras propostas foron rexeitadas por seren cuestións que xa están contempladas no propio deseño técnico do Orzamento 2026.
Polo tanto, e a pesar da disposición ao dialogo amosada polo Goberno local só tres enmendas son susceptibles de ser debatidas na sesión plenaria do próximo vernes.
“É un orzamento para unha cidade que non deixa a ninguén atrás, que inviste no seu futuro e que cre no público como a mellor garantía de liberdade e igualdade. Por todo iso, solicitamos o voto favorable a esta proposta”, sinalo An Agonzález Abelleira.
- Tema
- Desenvolvemento económico,
- Economía,
- Orzamento

O Goberno local declinou na comisión de Contas extraordinaria celebrada esta mañá a maioría das emendas presentadas polo Grupo Municipal do Partido Popular ao Proxecto de Orzamentos 2026, ao incumpriren requisitos técnicos básicos que as coverten en inadmisibles, tal e como advertiu expresamente a Intervención Municipal durante a sesión.
En concreto, as emendas nº 37, 38, 40, 42, 44, 45, 47, 48, 49 e 51 non se axustan á estrutura orzamentaria legalmente establecida na normativa aplicable, en concreto no artículo 100 do Regulamento de Pleno. Tal e como sinalou o propio interventor, estas propostas tecnicamente incumpren e non se ateñen a norma, polo que, de non seren corrixidas na súa formulación, non poden ser incorporadas a un proxecto que debe garantir o equilibrio exacto entre os 131.946.261,91 euros de ingresos e gastos.
Ademais, na mesma sesión outras propostas foron rexeitadas por seren cuestións que xa están contempladas no propio deseño técnico do Orzamento 2026. En concreto as enmemndas número 41, 39 por atoparse xa incluidas no proxecto do Goberno. En relación a emenda relativa á dotación da Relación de Postos de Traballo queda superada polo propio contido do orzamento. O proxecto cumpre escrupulosamente co establecido no artigo 38.3 da Lei de Emprego Público, que obriga a que todos os postos da RPT conten coa correspondente dotación económica. Para iso, o Capítulo 1 ascende a 38.502.079,72 euros, garantindo que cada praza estrutural dispoña de respaldo económico real. Esta contía intégrase nun orzamento consolidado de 131.946.261,91 euros, cumprindo cos principios de estabilidade financeira e coherencia co cadro de persoal aprobado. Polo tanto, a emenda foi rexeitada non por falta de acordo no fondo, senón porque o orzamento xa incorpora plenamente esa garantía legal e económica, destinando case o 30% do gasto total ao capital humano do Concello.
En relación a enmenda número 39, o proxecto orzamentario dedica 17.710.176,08 euros ao Capítulo VI, no que se inclúen actuacións en materia de vivenda. Ademais, EVISLUSA conta cun orzamento propio de 394.837,89 euros, aliñado coas políticas públicas municipais nesta materia. A proposta, polo tanto, xa está reflectida na planificación económica.
Polo tanto, e a pesar da disposición ao dialogo amosada polo Goberno local só tres enmendas son susceptibles de ter percorrido: unha vinculada aos investimentos en Fermín Rivera, outra emenda vinculada ao IBI e unha terceira relacionada coa xestióndo pago das subvencións ao tecido asociativo. Se ben, cada unha delas xa está contemplada no proxecto de orzamentos, o goberno local mostrou a súa disposción a que sean sometidas a debate no pleno do próximo vernes. Neste sentido, a voceira municipal, Ana González Abelleira, reiterou a vontade do Goberno a sumar apoios a súa proposta.
“Este proxecto para 2026 non é só unha continuación; é un reforzo da nosa identidade. É un orzamento para unha cidade que non deixa a ninguén atrás, que inviste no seu futuro e que cre no público como a mellor garantía de liberdade e igualdade. Por todo iso, solicitamos o voto favorable a esta proposta”, concluíu.
Audio
- A voceira municipal, Ana González Abelleira, sobre os orzamentos| Descargar mp3 [1]
