O Goberno Local súmase aos actos conmemorativos do 46 aniversario da Constitución Española
O terceiro tenente de Alcaldesa, Mauricio Repetto, asistiu xunto a outros membros da Corporación ao acto no que se puxeron en valor as liberdades e os dereitos fundamentais que recolle a Carta Magna.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional

O terceiro tenente de Alcaldesa, Mauricio Repetto, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos do 46 aniversario da Constitución Española, celebrado na Subdelegación do Goberno de Lugo. Xunto a outros membros da Corporación Municipal, Mauricio Repetto participou no acto institucional, presidido pola Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, no que se puxo en valor as liberdades e dereitos fundamentais que recolle a Carta Magna, o que custou conseguilos e a necesidade de avanzar nestas liberdades públicas, para impedir pasos atrás na nosa sociedade democrática.
