Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno local reforza o mantemento das redes de abastecemento e saneamento de auga cun novo servizo de reparacións e apoio que engloba ambas as dúas

O Goberno local reforza o mantemento das redes de abastecemento e saneamento de auga cun novo servizo de reparacións e apoio que engloba ambas as dúas

O Concello aprobou a contratación dun servizo especializado para a reparación de avarías e apoio na rede de abastecemento e saneamento de auga, cun orzamento de 423.500 euros anuais, que permitirá optimizar o mantemento destas infraestruturas esenciais.

O contrato, con duración inicial dun ano prorrogable, busca mellorar a atención ás avarías que se producen fóra do horario da brigada de augas, permitindo así incrementar as prestacións do operativo que se activou nos últimos meses.

“Este investimento  reforza o noso compromiso coa cidadanía para asegurar un sistema de abastecemento e saneamento eficiente e ben mantido, ampliando a atención ás necesidades de Lugo en todo momento”, destacou o concelleiro de Transición Ecolóxica.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Residuos,
    • Auga
Martes, 05 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local reforza o mantemento das redes de abastecemento e saneamento de auga cun novo servizo de reparacións e apoio que engloba ambas as dúas

O Executivo de Paula Alvarellos deu un paso adiante na mellora do mantemento da rede de abastecemento e saneamento de auga da cidade coa contratación dun novo servizo dedicado á reparación de avarías e labores de apoio a ambas as dúas redes. Este contrato, cuxa tramitación aprobarase mañá en XGL e que conta cun orzamento base de licitación de 423.500 euros anuais, permitirá reforzar o mantemento de infraestruturas críticas e garantir unha resposta rápida e eficiente ante posibles incidencias, en beneficio de toda a cidadanía.

“A novo operativo englobará a rede de abastecemento e saneamento, algo que vainos permitir prestar un servizo integral que ademais vai acrtuar o tempo de resposta considerablemente respecto ao momento actual”, sinalou o reponsable en funcións de Transición Ecolóxica. "Ademais, este importante investimento reforza o noso compromiso coa cidadanía para asegurar un sistema de abastecemento e saneamento eficiente e ben mantido, ampliando a atención ás necesidades de Lugo en todo momento," subliñou Repetto, que destacou que con esta medida o Concello garante a continuidade e calidade dun servizo esencial para todas as e os  lucenses, e contribúe a unha xestión máis sostible e eficiente dos recursos hídricos.

O servizo especializado estará operativo durante un ano con opción a prórroga por outro adicional. Esta nova contratación busca mellorar a atención ás avarías que se producen fóra do horario habitual da brigada de augas, reforzando o operativo activado nos últimos meses e asegurando un servizo de emerxencias dispoñible en todo momento. A distribución do orzamento contempla 302.500 euros anuais para a rede de abastecemento e 121.000 euros para a rede de saneamento, adaptándose ás necesidades específicas de cada área. Polo que o valor estimación total do contrato, incluíndo a posible prórroga, supera os 700.000 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-reforza-o-mantemento-das-redes-de-abastecemento-e-saneamento-de-auga-cun-novo