Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Local reconstruirá a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal

O Goberno Local reconstruirá a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 01 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural que dirixe Lino González Dopeso tomou a decisión de encargar un proxecto para reconstruír a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal que afectou á cidade nos últimos días.

A Ponte do Río Mera ía ser ampliada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. A Concellería de Medio Rural estuda agora a posibilidade de modificar o fin deses fondos para que axuden a reconstruír a infraestrutura.

Así, o proxecto que vai encargar o Concello estimará o custo total da actuación para recuperar a ponte, así como os traballos concretos que hai que acometer para rehabilitala cos mesmos usos que viña prestando.

O Concello de Lugo lamenta as molestias ocasionadas aos que transitaban pola ponte e espera poder recuperala no menor tempo posible.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-reconstruira-ponte-do-rio-mera-tras-ser-derrubada-polo-temporal