Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Local pon en marcha medidas de seguridade fronte aos fortes ventos

O Goberno Local pon en marcha medidas de seguridade fronte aos fortes ventos

  • Tema
    • Urbanismo
Venres, 13 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade e a Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo puxeron en marcha un dispositivo especial ante a alerta laranxa activada pola Dirección Xeral de Protección Civil por mor dos ventos que poderán alcanzar unha velocidade entre os 100 e os 110 quilómetros por hora entre as 11:00 e as 00:00 horas de hoxe venres 13 de novembro.

Así, realizouse o peche dos parques Rosalía de Castro, Albeiros e da Milagrosa, para evitar que a cidadanía camiñe polas zonas de risco nas que poden caer grandes ramas.

O Concello recomenda á cidadanía:

  • -Retirar dos balcóns e galerías calquera elemento que poida caer á vía pública ( macetas, etc...)
  • -Subir ou baixar totalmente as persianas exteriores para evitar a creación de bolsas de aire que provoquen a rotura das mesmas.
  • -Solicítase a colaboración cidadá para que, se son coñecedores dunha situación de risco (ramas caídas en vías, estradas, caída de elementos de fachadas, etc), se poñan en contacto cos seguintes teléfonos:
    • 092 .- Policía Local
    • 010 .- Atención ao Cidadán do Concello (ata ás 20:30)
    • 112 .- Urxencias.

Así mesmo, avisouse ás empresas de guindastres para que tomen as medidas oportunas, desbloqueando as mesmas (exercen efecto catavento e non hai risco de que rompan ou veñan abaixo).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-pon-en-marcha-medidas-de-seguridade-fronte-aos-fortes-ventos