Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Local explica que realiza controis periódicos da comida a domicilio sen ter detectado irregularidades

O Goberno Local explica que realiza controis periódicos da comida a domicilio sen ter detectado irregularidades

  • Tema
    • Igualdade
Luns, 19 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As deficiencias detectadas hai uns meses polo Concello de Lugo foron subsanadas de xeito inmediato garantindo un servizo municipal de comida a domicilio que cumpre con todas as garantías sanitarias esixidas.

Así, estanse a realizar controis aleatorios aos usuarios do servizo por parte da médica do Concello e dos servizos sociais, de xeito que a calidade do servizo é a óptima.

Nas revisións compróbase o estado dos alimentos, a súa correspondencia co usuario, así como as datas de caducidade.

Lévanse feito numerosos controis de xeito aleatorio e non se ten detectado máis que unha queixa que foi corrixida de xeito inmediato, dando cumprimento aos obxectivos adquiridos por parte do Goberno Local.

O Concello de Lugo pídelle ao PP que non intente crear alarma social cun servizo que ven prestandose de xeito correto e que conta con todas as garantías para os cidadáns.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-explica-que-realiza-controis-periodicos-da-comida-domicilio-sen-ter-detectado