Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Local está a acondicionar a ponte da Estación

O Goberno Local está a acondicionar a ponte da Estación

  • Tema
    • Infraestruturas
Martes, 29 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo a través da Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a realizar actuacións de acondicionamento na Ponte da Estación.

As labores que están a levar a cabo os operarios municipais dende a semana pasada consisten no pintado da ponte e, previsiblemente, rematarán mañá mércores 30 de setembro.

O obxectivo do Goberno Local con esta actuación é o de mellorar a imaxe dunha das entradas da cidade pola que cada día pasan un bo número de vehículos. Ademais, a intención e a de mellorar a paisaxe dun barrio no que o investimento en infraestruturas foi importante nos últimos anos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-esta-acondicionar-ponte-da-estacion