Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno local aproba o proxecto de Orzamentos para 2015, que teñen un importe de 93,5 millóns de euros

O Goberno local aproba o proxecto de Orzamentos para 2015, que teñen un importe de 93,5 millóns de euros

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, deu conta hoxe de que o proxecto de Orzamento do Concello de Lugo para 2015 ascende a 93.503.825 millóns de euros, unha cifra semellante a do presuposto de 2013 que foi prorrogado para este ano e que se elevara a 94,6 millóns de euros. 

  • Tema
    • Orzamento
Venres, 19 de decembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, informou da aprobación do proxecto de Orzamento este mediodía pola Xunta de Goberno Local, que celebrou con este motivo unha reunión extraordinaria e urxente, e que se vai debater no Pleno que celebrará a Corporación municipal o día 29 de decembro.

Rielo destacou que serán uns presupostos de marcado carácter social, nos que o Concello mantén o seu esforzo na área de Benestar, e tamén nas de Educación, Cultura, Deportes e Participación Cidadá. Neste sentido, a Concelleira salientou que se fomenta a participación veciñal xa que se reservan medio millón de euros para que decidan os lucenses en qué investilos e o proxecto de Orzamento tamén prevé adicar 8,4 millóns de euros a investimentos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-aproba-o-proxecto-de-orzamentos-para-2015-que-tenen-un-importe-de-935-millons