O Goberno local aproba en XGL o proxecto técnico para a mellora de Adolfo Suárez
O orzamento base de licitación ascende a 200.767,71 euros e a intervención centrarase na rehabilitación do firme existente incluídas as interseccións cos viais adxacentes.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, destacou que se trata dunha infraestrutura estratéxica para Lugo, que levaba tempo precisando unha intervención profunda para garantir máis seguridade, mellor mobilidade e unha imaxe urbana acorde coa cidade que queremos”.
Esta intervención forma parte dunha actuación máis ampla que inclúe unha segunda fase cuxo proxecto atópase en vías de redacción e que permitirá actuar no tramo comprendido entre o fin do solo urbano e a glorieta prevista no PXOM dotandoe ste espazo de berirarrúas además de mellorar o trazado cunha estimación económica de 608.370,52 euros.
- Tema
- Benestar social,
- Infraestruturas,
- Urbanismo

O Goberno local aprobou esta mañá na Xunta de Goberno Local o proxecto técnico de rehabilitación do firme na Avenida Adolfo Suárez (Tramo I), no treito comprendido entre a glorieta con Serra de Meira–Montero Ríos e o fin do solo urbano, dando así un paso decisivo na mellora dunha das principais vías de acceso á cidade. Deste xeito, se da inicio a terceira mellora nos principias accesos da cidade tras o proxecto de renaturalización ejecutado na avenida de Madrid e a apertura o pasado mes de decembro do desdobramento da avenida Infanta Elena no tramo que conecta co polígono industrial do Ceao.
Tras a aprobación, o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, destacou que “esta actuación demostra que cando hai vontade política e cooperación institucional, os proxectos avanzan e convértense en realidades”. O rexedor subliñou que “estamos a falar dunha infraestrutura estratéxica para Lugo, que levaba tempo precisando unha intervención profunda para garantir máis seguridade, mellor mobilidade e unha imaxe urbana acorde coa cidade que queremos”.
Fernández agradeceu expresamente “a lealdade e a colaboración institucional da Deputación Provincial de Lugo, que está a permitir avanzar en investimentos necesarios”, e contrapuxo este modelo de cooperación “fronte á actitude doutras administracións que non sempre responden coa mesma dilixencia ás necesidades de Lugo”. O alcalde asegurou ademais que o Goberno local seguirá traballando “con planificación, con rigor técnico e con determinación política para completar a mellora integral desta avenida que é ademais un dos pirncipais accesos a cidade”.
A actuación aprobada enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a Deputación Provincial de Lugo, co obxectivo de mellorar progresivamente esta vía. O proxecto foi redactado polos servizos técnicos da Deputación e conta con informes favorables dos Servizos Municipais de Enxeñería e Urbanismo, tanto desde o punto de vista técnico como do planeamento.
O orzamento base de licitación ascende a 200.767,71 euros e a intervención centrarase na rehabilitación do firme existente mediante o fresado da capa de rodadura e a súa posterior reposición con mestura bituminosa en quente en toda a superficie de actuación, incluídas as interseccións cos viais adxacentes. Ademais, inclúe a substitución do colector unitario situado baixo a calzada por un novo colector de PVC de 400 milímetros de diámetro, cos correspondentes pozos, arquetas e acometidas, así como actuacións complementarias como o recrecido ou substitución de tapas de rexistro, a reparación de sumidoiros e a retirada puntual de fitos e sinais necesarios para executar correctamente a pavimentación.
As obras desenvolveranse integramente en solo de titularidade municipal, polo que non será necesaria a adquisición de terreos nin expropiacións. Esta intervención forma parte dunha actuación máis ampla prevista para a Avenida Adolfo Suárez. No marco do mesmo convenio está recollida unha segunda fase correspondente á urbanización do tramo comprendido entre o fin do solo urbano e a glorieta prevista no PXOM, cunha estimación económica de 608.370,52 euros segundo a memoria valorada que consta no expediente. Este segundo treito require da redacción do correspondente proxecto construtivo por parte da Deputación e, de ser preciso, do proxecto de expropiacións para obter os terreos necesarios para a súa execución. Unha vez finalizada a redacción e completada a tramitación administrativa, será sometido á aprobación correspondente.
Coa aprobación deste proxecto, o Concello avanza na mellora dunha infraestrutura básica para a mobilidade da cidade, reforzando a seguridade viaria, o confort da circulación e a calidade do espazo público nunha das principais portas de entrada a Lugo.
