Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno encarga o proxecto para rematar a Biblioteca da Piringalla e reconvertela en centro sociocultural

O Goberno encarga o proxecto para rematar a Biblioteca da Piringalla e reconvertela en centro sociocultural

Deste xeito, o equipo de Lara Méndez avanza na execución dos orzamentos 2018, cunha actuación que salda unha débeda coa veciñanza e cumpre tamén un acordo plenario

Con esta nova intervención o Concello dotará a Lugo dun novo equipamento cultural, xerando un novo espazo de convivencia, máis próximo á veciñanza; ao tempo que dinamiza a zona norte da cidade

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Educación
Luns, 25 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo vén de adxudicar a redacción de proxecto básico e de execución de obras necesarias para o remate da obra da Biblioteca pública da Piringalla e a súa posta en funcionamento, reconvertida en centro de convivencia, por un importe de 17.545 euros e un prazo de presentación de dous meses.

Con esta redacción do proxecto, o Concello busca rematar unha obra, de 1.300 metros cadrados, actualmente parada en fase da estrutura; que conta cun soto, planta baixa, primeira e segunda planta e ático. O orzamento total destas tarefas, e máis as actuacións de reforzo, é de 990.000 euros.

Deste xeito, o equipo de Lara Méndez avanza na execución dos orzamentos 2018, cunha actuación que salda unha débeda coa veciñanza e cumpre tamén un acordo plenario. Ademais, con esta nova intervención, o Concello dotará a Lugo dun novo equipamento cultural, xerando un novo espazo de convivencia, máis próximo á veciñanza; ao tempo dinamiza a zona norte da cidade.

Audio

  • Carmen Basadre sobre a Biblioteca da Piringalla | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-encarga-o-proxecto-para-rematar-biblioteca-da-piringalla-e-reconvertela-en-centro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250618_basadre_biblioteca.mp3