Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo renova a participación no convenio Lugo Cultural

O Goberno de Lugo renova a participación no convenio Lugo Cultural

Maite Ferreiro destacou "a implicación do Campus de Lugo da USC para manter unha actividade cultural de calidade durante todo o ano

O convenio Lugo Cultural conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación, e está xestionado pola USC

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Educación pública
Mércores, 08 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo renova a participación no convenio Lugo Cultural

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo aprobará a renovación da participación municipal no convenio Lugo Cultural. A Xunta de Goberno aprobará este xoves as bases do convenio, cun aporte económico de 20.000€ por parte do Concello. Maite Ferreiro explicou que “o Lugo Cultural está xestionado pola USC e conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo”.

Maite Ferreiro destacou "a implicación do campus de Lugo coa actividade cultural", e destacou proxectos como o Lugo Cultural "que nos coordinar as actividades culturais que teñen lugar na cidade e favorecer tamén o achegamento da comunidade universitaria á cultura".

 

"De cara ao 2022 continuaremos a ofrecer actividades culturais a todas as veciñas e veciños de Lugo para garantir que todas as persoas poidan acceder a un ben de primeira necesidade cunha programación de calidade e sostida no tempo", sentenciou Maite Ferreiro


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-renova-participacion-no-convenio-lugo-cultural