Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo renova o treito final da rúa da Industria, no Ceao

O Goberno de Lugo renova o treito final da rúa da Industria, no Ceao

Alexandre Penas: “realizamos unha intervención importante que permitirá rematar a renovación desta rúa, avanzando na mellora do estado das áreas industriais de Lugo”

Mañá aprobarase a contratación desta actuación, cun orzamento de 317.000€

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Martes, 21 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo renova o treito final da rúa da Industria, no Ceao

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo levará adiante a renovación do treito final da rúa da Industria, no polígono do Ceao. Penas explicou que “esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo”. 

“Con esta actuación melloraremos tanto a estrada, que se atopa nun avanzado estado de desgaste debido á densidade de tráfico que soporta, creando novas prazas de estacionamento e zonas que permitan mellorar a maniobrabilidade dos camións”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “renovarase tamén a beirarrúa e as canalizacións actuais, eliminando o fibrocemento”.

Os traballos planificados polo Goberno de Lugo realizaranse tamén na rede de alcantarillado, coa colocación de novos sumidoiros, e renovarase ao mesmo tempo a sinalización horizontal e vertical.

Alexandre Penas afirmou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade da zona e os servizos existentes, ademais de integrar este treito da rúa coa imaxe da contorna”.

A Xunta de Goberno aprobará mañá a adxudicación desta obra a Ovisa Pavimentos y Obras , cun orzamento de 317.000€.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a Rúa da Industria | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-renova-o-treito-final-da-rua-da-industria-no-ceao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211221_alexandre_penas_rua_da_industria.mp3