Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla

O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla

Alexandre Penas: "trátase dunha solicitude das veciñas e veciños, que precisaba de mantemento debido ao avanzado estado de desgaste que presenta”

A concellería de Infraestruturas renovará a capa de rodadura con mestura bituminosa en quente

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Mércores, 26 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou a renovación do firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla. Penas explicou que “esta rúa atópase nun avanzado estado de deterioro debido a que a pavimentación actual ten xa moitos anos”.

A solución que aplicará a concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, xunto co pintado de nova sinalización horizontal e a instalación de novos sinais verticais de indicación. Ademais, uniformizarase os treitos de beirarrúa próximos ás casas. Alexandre Penas explicou que  “esta solución asegurará un selado do firme ante a acción da auga, e unha prolongada duración do traballo realizado”

“Con esta intervención pretendemos solucionar desta maneira unha solicitude que a veciñanza da contorna nos fixo chegar, para mellorar a súa calidade de vida”, afirmou Alexandre Penas.

A concellería de Infraestruturas contratou esta actuación xunto xunto con varias renovacións de asfalto na zona norte da cidade. Alexandre Penas explicou que “un dos eixos do traballo que realizamos desde a concellería de Infraestruturas é atender aos distintos barrios para que todas as veciñas e veciños teñan acceso a instalacións públicas de calidade”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o asfaltado na rúa Armiño | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-renova-o-firme-da-rua-armino-no-barrio-da-piringalla

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210526_alexandre_penas_asfaltado_rua_armino.mp3