Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo homenaxea a Xoán Montes no 122 aniversario do seu pasamento

O Goberno de Lugo homenaxea a Xoán Montes no 122 aniversario do seu pasamento

Cristina López: “desde a nosa chegada ao goberno traballamos por mellorar a imaxe do noso músico máis destacado”

A área de Participación colocou unha placa conmemorativa xunto á sepultura do músico no Cemiterio Municipal

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural
Xoves, 24 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo homenaxea a Xoán Montes no 122 aniversario do seu pasamento

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, abriu esta tarde a actividade organizada polo Goberno de Lugo no Cemiterio Municipal polo 122 aniversario do pasamento de Xoán Montes. López destacou o traballo realizado desde as áreas da Tenencia de Alcaldía neste mandato para lembrar a figura do músico lucense, entre as que destacou "a restauración da sepultuda ubicada no Cemiterio Municipal ou o traslado do busto á praza Maior, que foi unha iniciativa de varios colectivos culturais da cidade".

O acto celebrado esta tarde contou coa lectura do poema Negra Sombra por parte de Tareixa Campo, do grupo de teatro Achádego, e as actuacións musicais do quinteto Umbra Nigra e do Orfeón Lucense. Por último, Fernando Gómez Jácome encargouse de realizar unha ofrenda floral a Xoán Montes. Ao acto foron convidados representantes das principais entidades asociativas da cidade relacionadas coa música e con Xoán Montes, ademais dos grupos municipais de goberno e oposición.

A área de Participación colocou unha placa de mármore xunto á sepultura do músico no Cemiterio Municipal. Cristina López explicou que “dado que a sepultura se atopaba nun estado de desgaste moi avanzado, decidimos colocar unha placa en lembranza de Xoán Montes que axude a identificar mellor a zona na que foi enterrado”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-homenaxea-xoan-montes-no-122-aniversario-do-seu-pasamento