Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo colabora coas asociacións veciñais achegando libros procedentes do fondo bibliográfico municipal

O Goberno de Lugo colabora coas asociacións veciñais achegando libros procedentes do fondo bibliográfico municipal

Maite Ferreiro: “queremos achegar os libros en galego a toda a veciñanza, facilitando o acceso aos libros editados polo Concello”

A área de Cultura achegará lotes de libros ás asociacións veciñais que o soliciten

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacións sociais,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural
Martes, 07 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo colabora coas asociacións veciñais achegando libros procedentes do fondo bibliográfico municipal

Lugo, 07 de decembro de 2021. Maite Ferreiro anunciou que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua vén de abrir unha nova liña de colaboración coas asociacións veciñais, a través da cal a área de Cultura achegará libros procedentes do fondo bibliográfico municipal, e “garantir que toda a veciñanza teña acceso a libros en galego”, segundo explicou Maite Ferreiro.

A área de cultura entregará lotes de libros a todas as asociacións veciñais que o soliciten “para ampliar os libros existentes nas coleccións que moitas asociacións gardan nas súas instalacións, e facilitar que as persoas que forman parte delas poidan acceder aos libros editados polo Concello”.

A concelleira de Cultura destacou o gran éxito que tiveron as distintas iniciativas postas en marcha durante este ano para achegar á veciñanza os libros procedentes deste fondo. “Centos de persoas recolleron libros en galego editados polo Concello en datas importantes como o día do Libro, o día das Letras Galegas ou o día dos Museos”, lembrou Maite Ferreiro.

Audio

  • Maite Ferreiro, Libros Asociacións | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-colabora-coas-asociacions-vecinais-achegando-libros-procedentes-do-fondo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/211207_maite_fereiro_libros_asociacions.mp3