Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lugo avanza no soterramento do cableado da rede de alumeado con novas intervencións na cidade

O Goberno de Lugo avanza no soterramento do cableado da rede de alumeado con novas intervencións na cidade

Rubén Arroxo: “estanse a soterrar os cables do alumeado público da praza de Bretaña, rúa Galiza e Celso Emilio Ferreiro”

O Tenente de Alcaldesa afirmou que “con esta intervención continuamos a avanzar na mellora da imaxe das rúas da cidade”

  • Tema
    • Obras en execución
Venres, 11 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lugo avanza no soterramento do cableado da rede de alumeado con novas intervencións na cidade

O Tenente de alcaldesa e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a intervención que está a realizar o Concello de Lugo en colaboración con BEGASA. Arroxo explicou que “continuamos a avanzar na mellora da imaxe da cidade soterrando os cruces do cableado da rede de alumeado público do Concello”.

A actuación estase realizando nos cruces do cableado das rúas Galiza e Celso Emilio Ferreiro, e na praza de Bretaña, “tres cruces de cables que nos vindeiros días deixarán de existir, seguindo coa liña de traballo na que estamos a avanzar desde o Goberno de Lugo”, afirmou o Tenente Alcalde, que explicou “este tipo de actuacións requiren de trámites complexos, ao requerirse do traballo en conxunto do Concello e das compañías responsábeis do cableado tanto eléctrico como de telecomunicacións”.

O Goberno de Lugo realizou diversas actuacións deste tipo nos últimos meses. Rubén Arroxo lembrou que “ao mesmo tempo que se renovaba o alumeado no Grupo da Paz preparouse a zona para soterrar os cruces do cableado, acción que se executará nas vindeiras semanas”.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre o cableado | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lugo-avanza-no-soterramento-do-cableado-da-rede-de-alumeado-con-novas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/220311_ruben_arroxo_cableado.mp3