Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lara Méndez retomará este mes a celebración dos Plenos de xeito presencial

O Goberno de Lara Méndez retomará este mes a celebración dos Plenos de xeito presencial

A sesión celebrase segundo o calendario habitual, polo que se convocará o último xoves de outubro, día 28.

 A medida foi adoptada logo de que a Xunta de Galicia anunciase a suspensión, este próximo sábado, do estado de emerxencia sanitaria ante a evolución dos contaxios de coronavirus

 A alcaldesa quere “que se recupere, pouco a pouco, a normalidade e gañarlle espazo ao Covid naqueles aspectos cotiás do funcionamento do Concello que resultan prioritarios para a cidade”.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Xoves, 21 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez retomará este mes a celebración dos Plenos de xeito presencial

O executivo de Lara Méndez retomará neste vindeiro mes de outubro a celebración presencial dos Plenos logo de que a Xunta de Galicia anunciase a suspensión, este próximo sábado, do estado de emerxencia sanitaria ante a evolución dos contaxios de coronavirus, polo que toda a Comunidade galega quedará en mínimos de restricións.

 

“Trátase de ir gañando espazos á pandemia, recuperando, pouco a pouco, a normalidade e de ir avanzando naqueles aspectos cotiás do funcionamento do Concello que, podendo desenvolverse con tódalas garantías de seguridade, resultan prioritarios para a cidade. Non debemos esquecer que o Pleno é o máximo órgano de representación política da veciñanza lucense no Goberno local e, polo tanto, sempre que sexa factible, debe favorecerse a súa continuidade”, sinala a rexedora.

 

Méndez aclarou que a partir de novembro tamén pasarán a realizarse presencialmente as Comisións e Xuntas de Voceiros correspondentes a cada Sesión, “non así este mes, por estar xa convocadas de xeito telemático” e recordou que o Concello de Lugo mantivo, dende abril de 2020, toda a súa actividade orgánica “grazas ao esforzo realizado polo persoal de informática para habilitar os mecanismos necesarios tanto para permitir a realización e retransmisión dos Plenos como para que os empregados do Concello puideran teletraballar dende o minuto un do Estado de Alarma”.

 

Así pois, o seguinte Pleno ordinario do Concello de Lugo celebrarse o vindeiro 28 de outubro, xa en modalidade presencial aínda que poderá seguirse tamén en streaming a través do enlace que se habilita na páxina web municipal.

  • Documento | Descargar Pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-retomara-este-mes-celebracion-dos-plenos-de-xeito-presencial

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/211021_o_goberno_de_lara_mendez_retomara_este_mes_a_celebracion_dos_plenos_de_xeito_presencial.pdf