Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lara Méndez comezará nos vindeiros días melloras viarias nas parroquias de Pías, Piugos e Tirimol

O Goberno de Lara Méndez comezará nos vindeiros días melloras viarias nas parroquias de Pías, Piugos e Tirimol

O tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sostén que se da así resposta ás peticións da veciñanza e mellórase a mobilidade e a seguridade nestas zonas.

As actuacións previstas contan cun orzamento de 72.794,49 euros e cun prazo de execución dun mes.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente
Martes, 29 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez comezará nos vindeiros días melloras viarias nas parroquias de Pías, Piugos e Tirimol

O Goberno de Lara Méndez acondicionará o firme de catro estradas municipais en Pías, Piugos e Tirimol para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a a veciñanza destas parroquias. Así o avanzou o tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández.

As obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020, consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

“Estes camiños non se atopan nunha situación idónea debido á súa antigüidade, ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxe proceder á súa rehabilitación” explicaba o edil.

A mellora do firme con aglomerado en quente en Pías inclúe dúas estradas municipais que parten da intersección da Estrada Provincial  LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo, actualmente pavimentadas con firme flexible formado por rego asfáltico.

O Concello, ademais, realizará labores de mellora con aglomerado en quente en outras dúas estradas municipais que discorren polo núcleo de Seivane, en Tirimol, e polo núcleo de As Tabernas, en Piugos.

“Estas actuacións, moi necesarias, beneficiarán principalmente aos veciños e veciñas que utilizan as vías municipais a diario para efectuar os seus desprazamentos”, destacou Miguel Fernández. O prazo de execución das obras é dun mes.

 Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras no Medio Rural | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-comezara-nos-vindeiros-dias-melloras-viarias-nas-parroquias-de-pias

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/290621_obras_en_medio_rural_-_miguel_fernandez.mp3