Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O goberno de Lara Méndez amplía as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade nas vacacións de verán

O goberno de Lara Méndez amplía as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade nas vacacións de verán

O curso de formación como DJ, está organizado polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas.

A inscrición é gratuíta, e estará aberta dende o 8 ata o 18 de agosto, a través da web www.lugomasxti.org [1].

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Domingo, 07 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O goberno de Lara Méndez amplía as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade nas vacacións de verán

O Goberno de Lara Méndez, amplía as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade ofrecendo un curso de DJ, incluído no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á área de Xuventude, concretamente no subprograma “Ocio nocturno” co obxectivo de dar resposta aos diferentes intereses dos lucenses relacionados coa música.

Segundo o edil, desde hai tempo considerou como “prioritarias” as actuacións relativas á promoción do lecer formativo e de creación cultural e artística. Neste sentido sinalou que é “unha boa alternativa co obxectivo da profesionalización neste ámbito, xa que a formación vai dirixida á poboación nova para que os participantes ao finalizar o curso dispoñan dos coñecementos adecuados para afrontar con seguridade o desenvolvemento dunha sesión de dj” finalizaba Repetto.

A acción formativa, de carácter gratuíta, está aberta a un máximo de 12 prazas, para mozos e mozas maiores de 14 anos. Poden inscribirse na web www.lugomasxti.org [1], do 8 ao 18 de agosto e a selección farase por rigorosa orde. Terá lugar, na Casa da Música, do 22 ao 25 de agosto das 16.30 ás 22.30h.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-amplia-actividades-de-lecer-alternativo-destinadas-mocidade-nas

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/