O Goberno colocará topes para evitar que os vehículos suban á beirarrúa na Praza Mártires de Carral
As tarefas, enmarcadas dentro do Plan de Barrios, inclúen a colocación de dispositivos de caucho reciclado con bandas retorreflectantes nas 16 prazas existentes nas inmediacións
Esta medida, que responde ás peticións que os veciños e veciñas lle fixeron á Alcaldesa durante unha visita á zona, busca mellorar a accesibilidade e seguridade do peón nunha zona con gran tránsito.
Con estas tarefas, que contan cun orzamento duns 1.000 euros mellórase a contorna urbana con medidas que, como neste caso, aumentan a seguridade viaria das persoas
- Tema
- Infraestruturas
O Goberno comezará a instalar mañá martes topes nas 16 prazas de aparcamento existentes na Praza Mártires de Carral, incluíndo a parza para persoas con mobilidade reducida.
Así o avanzou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbana, Manuel Núñez, quen adiantou que as tarefas, enmarcadas dentro do Plan de Barrios, inclúen a colocación de dispositivos, de caucho reciclado con bandas retorreflectantes co obxectivo de impedir que os vehículos estacionen sobre a beirarrúa, garatindo así o percorrido peonil. Por este motivo, non se poderá aparcar, ata mañá ás 14:00 horas nestas inmediacións.
Esta medida, que responde ás peticións que os veciños e veciñas lle fixeron á Alcaldesa, Lara Méndez, durante unha visita á zona, busca mellorar a accesibilidade e seguridade do peón nunha zona con gran tránsito. Con estas tarefas, que contan cun orzamento duns 1.000 euros mellórase a contorna urbana con medidas que, como neste caso, aumentan a seguridade viaria das persoas.