Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno amplía ata este venres a votación dos Orzamentos Participativos

O Goberno amplía ata este venres a votación dos Orzamentos Participativos

As veciñas e veciños interesados en participar poderán facelo achegándose ata o CEI-NODUS, de 10:00 a 13:00 horas, e ao Edificio de Novas Tecnoloxías, de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 19:00 horas

A persoa deberá presentar o seu DNI e poderá votar ben nas propias instalacións ou cun código que se lle facilitará, a través da web loop.lugo.gal

  • Tema
    • Orzamento,
    • Orzamentos participativos
Martes, 13 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno amplía ata este venres a votación dos Orzamentos Participativos

O Goberno vén de ampliar o prazo para a votación das propostas dos Orzamentos Participativos ata este venres, 16 de novembro. En total, a cidadanía poderá escoller entre unhas 110 propostas.

Aquelas veciñas e veciños censados en Lugo, maiores de 14 anos, interesados en participar poderán facelo achegándose ata o CEI-NODUS, en xornada de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, e ao Edificio de Novas Tecnoloxías, na Praza Anxo Fernández Gómez, de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 19:00 horas. A persoa deberá presentar o seu DNI e poderá votar ben nas propias instalacións ou cun código que se lle facilitará, a través da web loop.lugo.gal.

Esta é a terceira fase dos Orzamentos Participativos, tras unha primeira de recollida de propostas, e unha segunda de avaliación de ditas propostas, por parte dun equipo técnico municipal.

O orzamento municipal destinado a accións de orzamentos participativos é de 350.000€. Todas as propostas teñen asociado un custo, polo que se poderá votar todas as propostas que se consideren interesantes ata o límite do orzamento previsto. A medida que se vaian seleccionando propostas o custe vaise descontando do orzamento total. Ao final da fase de votación, realizarase un reconto de maneira automática e transparente dos votos de cada proposta e as máis votadas son as que o Goberno levará a cabo.

Con este proceso, o Goberno fomenta a participación da veciñanza, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se convirta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e os veciños e veciñas.

Máis información en https://loop.lugo.gal/ [1]

Audio

  • Rielo, sobre os Orzamentos Participativos | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-amplia-ata-este-venres-votacion-dos-orzamentos-participativos

Ligazóns:
[1] https://loop.lugo.gal/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/131118_rielo-ampliacionorzamentos.mp3