Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O fillo do rexedor de Lugo represaliado, Francisco Lamas, visita a triple exposición de memoria histórica do Vello Cárcere

O fillo do rexedor de Lugo represaliado, Francisco Lamas, visita a triple exposición de memoria histórica do Vello Cárcere

  • Tema
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Mércores, 30 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O fillo do rexedor de Lugo represaliado, Francisco Lamas, visita a triple exposición de memoria histórica do Vello Cárcere

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañou este mércores a Santiago Lamas, fillo do rexedor de Lugo represaliado Francisco Lamas, na súa visita á triple exposición de memoria histórica que acolle o Vello Cárcere, á que cedeu material do seu pai para exhibir nas vitrinas. 

A edil agradeceulle a Lamas e á súa familia a visita a estas mostras coas que se busca que a democracia non caia en esquecemento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-fillo-do-rexedor-de-lugo-represaliado-francisco-lamas-visita-triple-exposicion-de-memoria