Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa cun dúo de contrabaixo e clave

O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa cun dúo de contrabaixo e clave

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 20 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, venres 21 de maio, na Fundación Caixa Galicia, continúa o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus cunha unha singular combinación de instrumentos: un dúo de contrabaixo e clave.

Os intérpretes son Carlos Méndez (músico donostiarra que actualmente é contrabaixista principal da Real Filharmonía de Galicia e creador e director do único certame organizado en España dedicado integramente ao contrabaixo, o Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher que xa vai pola súa oitava edición) e Fernando López Pan (clavecinista galego formado en Amsterdam e París e mestre no Conservatorio Superior de Música da Coruña).

Xuntos interpretarán as tres sonatas para viola da gamba e clave de Bach: sen dúbida será toda unha experiencia escoitalas coa particular sonoridade do contrabaixo.

Como é habitual no festival, a entrada para o concerto será gratuíta ata completar o aforo da sala.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-festival-de-musica-cidade-de-lugo-xxxviii-semana-do-corpus-continua-cun-duo-de-contrabaixo-e