Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O executivo de Lara Méndez dá resposta a unha petición veciñal coa instalación de tres novos bancos na rúa Trapero Pardo

O executivo de Lara Méndez dá resposta a unha petición veciñal coa instalación de tres novos bancos na rúa Trapero Pardo

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Xoves, 18 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez dá resposta a unha petición veciñal coa instalación de tres novos bancos na rúa Trapero Pardo

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, supervisou este xoves a instalación de tres novos bancos na rúa Trapero Pardo, no barrio da Residencia. Esta actuación responde a unha petición realizada polos veciños e veciñas do barrio á rexedora lucense, Lara Méndez, e, polo tanto, busca dar resposta a unha demanda cidadá, ao tempo que se crean novos puntos de descanso e esparexemento nesta vía da cidade.

O barrio da Residencia enmárcase na zona DUSI, na que o Goberno de Lara Méndez, está a executar, con fondos FEDER, a estratexia Muramiñae, co obxectivo de unir a trama urbana da cidade co río Miño, para conseguir unha cidade máis cómoda, accesible e sostible. Unha das actuacións que inclúe esta estratexia é a posta en marcha dunha senda cicilista, de 14 quilómetros de lonxitude, que suporá ademais a creación dun novo aparcamento alternativo neste barrio lucense, concretamente na rúa Francisco Lamas López, á que se accede dende Trapero Pardo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-executivo-de-lara-mendez-da-resposta-unha-peticion-vecinal-coa-instalacion-de-tres-novos