Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O espectáculo de danza Vacuo chega o sábado ao Auditorio lucense

O espectáculo de danza Vacuo chega o sábado ao Auditorio lucense

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o sábado, día 10, unha actuación de danza, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.

Esta actuación, que leva por título Vacuo, estará a cargo do Centro Coreográfico Galego e conta coa dirección de Maruxa Salas.

As entradas para esta actuación están á venda dende hoxe a un prezo reducido de 3, 5, e 7 euros, dependendo da zona escollida no Auditorio.

A compra das entradas pode facerse a través da taquilla electrónica de Caixanova, no número de teléfono 902 504 500. Como é habitual, tamén se venderán unha hora antes do comezo do espectáculo no propio Auditorio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-espectaculo-de-danza-vacuo-chega-o-sabado-ao-auditorio-lucense