Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Espazo>lab colabora co Servizo Público de Emprego

O Espazo>lab colabora co Servizo Público de Emprego

  • Tema
    • Economía
Venres, 29 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo desde o Espazo>lab, colabora co Servizo Público de Emprego na difusión da nova web dos Servizos Públicos de Emprego de España que permitirá a realización de consultas, trámites en liña, obtención de certificados, renovación de demanda, etc.

Para elo, e durante os meses de novembro e decembro, terán lugar no Espazo>lab, centro de orientación do Concello de Lugo, charlas dirixidas a persoas desempregadas nas que se informará e formará as mesmas sobre a utilización desta nova ferramenta informática dos Servizos Públicos de Emprego.

As persoas interesadas en participar nestas charlas deben dirixirse ás oficinas de emprego e solicitar a súa asistencia ás mesmas. Tamén poden solicitar información en Espazo>lab, Avda. Coruña 490 (antigo cuartel de Garabolos) no teléfono 982 297 361 o na web www.lugo.es/espazolab [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-espazolab-colabora-co-servizo-publico-de-emprego

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/espazolab