Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade

O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade

Mauricio Repetto, edil de Desenvolvemento Local, destaca o valor da iniciativa como “marco de intercambio para favorecer contactos entre traballadores e empresas por unha inclusión laboral sen barreiras”

  • Tema
    • Fomento do emprego,
    • Emprendemento,
    • Igualdade
Martes, 19 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, e a directora rexional de Inserta Empleo en Galicia, Menchu Iglesias, presentaban esta mañá a primeira Xornada Speed Networking que este xoves terá lugar no CEI – Nodus.

Baixo o lema “Unha dobre oportunidade” o Espazo Lab – Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello acollerá pasado mañá, en horario de 10:00 a 12:00 horas, esta iniciativa coa que se persegue reunir a persoas traballadoras e desempregadas con diversidade funcional e a empresas de diferentes sectores que desenvolven a súa actividade en Lugo para poder establecer redes de contactos, facer visibles os seus perfís profesionais así como facilitar a súa inserción laboral.

“O Concello de lugo asume así – indicou o edil - o compromiso pola inclusión, apostando porque esta integración social se leve a cabo sen barreiras de ningún tipo e poñendo a disposición os medios e recursos municipais no eixo do emprendemento para que as persoas con discapacidade sexan actores fundamentais na estratexia de desenvolvemento de Lugo”.

Mauricio Repetto explicou tamén que a actividade comezará coa intervención da judoka integrante do equipo de Trainers Paralímpicos da Fundación ONCE, Marta Arce e posteriormente se celebrará un período de networking, de aproximadamente unha hora, no cal os participantes terán ocasión de interactuar entre sí para intercambiar perfís e ampliar información acerca das súas competencias.

Pola súa banda, Menchu Iglesias, reseñou a importancia da colaboración institucional para propiciar a creación destas xornadas, ás que xa se apuntaron máis de medio cento de participantes e que servirán como marco idóneo para xerar oportunidades de emprego.

Cartel

  • Cartel da xornada "Speed Networking" | Descargar pdf [1]

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre a xornada "Speed Networking" | Descargar mp3 [2]
  • Menchu Iglesias, sobre a xornada "Speed Networking" | Descargar mp3 [3]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-espazo-lab-do-cei-nodus-acollera-este-xoves-primeiras-xornadas-speed-networking-para-persoas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_i_xornadas_speed_networking.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191119_mauricio_repetto_-_xornada_speed_networking.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191119_menchu_iglesias_-_xornada_speed_networking.mp3