Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O entorno da Rúa Pintor Corredoira conta dende hoxe con novo alumeado público

O entorno da Rúa Pintor Corredoira conta dende hoxe con novo alumeado público

  • Tema
    • Infraestruturas
Venres, 18 de xaneiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, inauguran esta tarde o novo alumeado público da Rúa Pintor Corredoira, Rúa Fernando Esquíu, parte da Rúa Armórica, Rúa Cornubia, Rúa Trebol, Rúa Roi Xordo, Rúa Mestre Matías G. Bernal, as pistas deportivas e infantís e o parking.

Esta obra permitirá mellorar a iluminación da zona ó tempo que se aforra enerxía eléctrica, xa que no novo alumeado público foron instaladas lámpadas de baixo consumo.

O proxecto de iluminación, cun presuposto de 327.000 euros, proporciona a renovación de 79 puntos de luz que cobren unha superficie de 16.520 metros cadrados con novas farolas que respectan o ornato da cidade. A obra foi executada pola empresa Equipos de Señalización y Control S.A

A potencia total instalada é de 12.050 vatios e o custo anual estimado de enerxía eléctrica é de 8.135 euros. A lonxitude total das vías iluminadas grazas a este proxecto é de 1.652 metros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-entorno-da-rua-pintor-corredoira-conta-dende-hoxe-con-novo-alumeado-publico