Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O domingo disputarase na Praza Maior o Torneo Festa Final de Xadrez

O domingo disputarase na Praza Maior o Torneo Festa Final de Xadrez

Mércores, 25 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e Confecciones Yute, organizan o VIII Torneo Festa Final de Xadrez, que terá lugar o vindeiro domingo 29 de maio na Praza Maior de Lugo en horario de 11.00 a 13.30 horas.

Os interesados en participar no Torneo deberán realizar a inscrición a través da páxina web: www.xaquedrum.es [1], chamando ó teléfono da Escola de Xadrez: 657.974.937 ou escribindo un email a seguinte dirección: xaquedrum@gmail.com [2].

A inscrición finaliza o venres, día 27 de maio, ás 20.00 horas. Para participar, o xogador ou xogadora terá que estar federado/a, se non o está, pode federarse no Clube da Escola Luguesa de xeito gratuíto.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Neste torneo haberá catro categorías:

·        Menores de 8 anos.
·        Menores de 10 anos.
·        Menores de 12 anos.
·        Menores de 14 anos.
·        Menores de 16 anos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-domingo-disputarase-na-praza-maior-o-torneo-festa-final-de-xadrez

Ligazóns:
[1] http://www.xaquedrum.es
[2] mailto:xaquedrum@gmail.com