Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O domingo abrirá a Praza de Abastos do Concello de Lugo

O domingo abrirá a Praza de Abastos do Concello de Lugo

Venres, 03 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A praza de abastos do Concello de Lugo, que depende da Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, abrirá o vindeiro domingo 5 de outubro.

Os comerciantes poderán poñer a disposición do público os seus produtos entre as 9:00 e as 14:00 horas do día de San Froilán. A apertura enmárcase dentro da campaña de dinamización da praza que se leva a cabo dende o Concello. Nesta xornada festiva os que se acheguen ata a praza poderán mercar produtos de primeira calidade nos diferentes establecementos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-domingo-abrira-praza-de-abastos-do-concello-de-lugo