Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O domingo 22 de decembro realizarase unha nova visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura a Rábade

O domingo 22 de decembro realizarase unha nova visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura a Rábade

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 11 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 21 de decembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o domingo 22 de decembro e visitarase o municipio de Rábade.

O percorrido que realizarán as persoas participantes comezará cunha andaina circular a carón do Río Miño, para posteriormente dar unha volta polos postos da feira do 22 e xantar nos postos do polbo. Despois farase un paseo polo núcleo de Rábade e finalmente visitarase a Lagoa do Rei.
A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. 
O xantar terá lugar nos postos do polbo da feira, que ofrecerán polbo cun prezo dende 7 euros a ración aproximadamente e tamén haberá churrasco. Os que o desexen tamén poden levar comida e bebidas propias. 
Son visitas gratuítas e as persoas interesadas poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 21 de decembro a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-domingo-22-de-decembro-realizarase-unha-nova-visita-do-plan-turistico-terras-da-auga-e