Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O documental do Arde Lucus dá a coñecer a festa romana de Lugo na India e nos Estados Unidos

O documental do Arde Lucus dá a coñecer a festa romana de Lugo na India e nos Estados Unidos

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 14 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, amosou hoxe a súa satisfacción polo éxito e a proxección internacional que está a ter o documental “Arde Lucus”, do director Brais Revaldería, que está a dar a coñecer a festa romana de Lugo e a nosa cidade en distintos lugares do mundo.

Segundo informou Revaldería a Carmen Basadre, nos últimos días recibiu confirmación de catro novas nominacións para o documental, tres no Madrid International Film Festival, que se celebra no mes de xullo, e unha no Dada Saheb Phalke Film Festival, na India.

A pasada fin de semana, o documental exhibiuse no Festival George Lindsey UNA Film Festival, na cidade de Florence, no estado de Alabama, e segundo lle explica Revaldería nun escrito á Concelleira de Cultura, un dos directores dunha das películas máis existosas que acudiu á cita, precisamente da India, Venkat Krishnan, amosou moito interese tanto no documental como na festa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-documental-do-arde-lucus-da-conecer-festa-romana-de-lugo-na-india-e-nos-estados-unidos