Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

O operativo estivo formado por 16 operarios e 9 máquinas, que deixaron a contorna en perfecto estado a media mañá

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 22 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

O servizo de limpeza do Concello de Lugo recolleu este xoves, dende a madrugada a media mañá, 3.980 quilos de residuos na Carballeira e na súa contorna, tras a festa celebrada onte, unha cantidade que aumentou en 460 quilos con respecto á edición anterior.

O dispositivo especial posto en marcha pola entidade local para deixar en perfecto estado a Carballeira estivo formado por 16 operarios (4 condutores, un maquinista e 11 peóns equipados con sopradores) e 9 máquinas (un camión recolector, un camión satélite, dúas varredoras de calzada, unha varredora de beirarrúas, unha cisterna, unha hidrolimpadora, un equipo mixto e un camión de caixa aberta).

Pola súa banda, a Policía Local despregou un servizo integrado por tres Unidades Móbiles que permaneceron nas inmediacións da Carballeira durante a celebración da festa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-dispositivo-de-limpeza-posto-en-marcha-polo-concello-na-carballeira-retira-39-toneladas-de