Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O dispositivo de limpeza integral de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase este xoves ao Sagrado Corazón

O dispositivo de limpeza integral de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase este xoves ao Sagrado Corazón

O obxectivo deste plan, que executa Medio Ambiente, é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar así o acondicionamento da cidade.

12 dos 341 expedientes tramitados por acumulación de maleza en predios particulares pertencen a esta zona da capital.

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Mércores, 11 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O dispositivo de limpeza integral de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase este xoves ao Sagrado Corazón

O plan de concentración de dispositivos municipais para abordar, dunha maneira integral, a limpeza dos barrios, posto en marcha pola alcaldesa, Lara Méndez, chegará este xoves, día 12, ao barrio do Sagrado Corazón, logo de concluír as tarefas previstas no Castiñeiro, Casás, Abella, A Residencia e As Gándaras.

Deste xeito, nas vindeiras xornadas o operativo integrado polas empresas encargadas do aseo urbano, da conservación das zonas verdes, así como do mantemento das áreas de xogos infantís -apoiadas por brigadas municipais- trasladarase ao barrio do Sagrado Corazón, onde se realizarán traballos de roce de vías e zonas verdes municipais, varrido e baldeo de rúas, limpeza de sumidoiros e illas de reciclaxe de lixo, así como arranxo de papeleiras, bancos e resto de mobiliario urbano.

O obxectivo deste plan, que executa o tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar o labor ordinario que se leva a cabo diariamente. “Trátase de concentrar recursos para incrementar a limpeza da cidade, para o que ademais pedimos a colaboración da veciñanza, porque a imaxe de Lugo é responsabilidade de todos”, subliñou Fernández.

Dende o ano 2020 o Concello de Lugo leva tramitados un total de 341 expedientes por acumulación de maleza en predios particulares, instando aos seus propietarios a corrixir esta situación; 12 deles precisamente no barrio do Sagrado Corazón. Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán en Galegos.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o Plan de Limpeza de Barrios | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-dispositivo-de-limpeza-integral-de-barrios-posto-en-marcha-por-lara-mendez-desprazase-este

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/100821_miguel_fernandez_.-_plan_de_limpieza_de_barrios.mp3