Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O director da Banda Municipal de Música comunica á alcaldesa Paula Alvarellos a súa intención de reincorporarse o próximo mes de setembro

O director da Banda Municipal de Música comunica á alcaldesa Paula Alvarellos a súa intención de reincorporarse o próximo mes de setembro

"O regreso David Fiuza é algo previsible pero non por iso menos relevante.  Sen ningunha dúbida a súa incorporación supoñerá un impulso tanto para a Escola Municipal de Música como para a Banda", informou a rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Mércores, 17 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe que o director da Banda Municipal de Música do Concello de Lugo, David Fiuza Souto, comunicoulle formalmente a súa intención de reincorporarse ao seu posto a partir do 9 de setembro, unha vez concluído o seu período de excedencia. A rexedora valorou esta noticia como moi positiva e anunciou a súa intención de manter un encontro co traballador municipal ao longo dos próximos días. "O regreso David Fiuza é algo co que xa contabamos pero non por iso menos relevante. Sen ningunha dúbida a súa incorporación supoñerá un impulso tanto para a Escola Municipal de Música como para a Banda da que agardamos poida recuperar canto antes a súa actividade", informou a rexedora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-director-da-banda-municipal-de-musica-comunica-alcaldesa-paula-alvarellos-sua-intencion-de