Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Día da Nai vólvese conmemorar no cemiterio municipal cunha ofrenda floral, música clásica e teatro

O Día da Nai vólvese conmemorar no cemiterio municipal cunha ofrenda floral, música clásica e teatro

Celebrarase este domingo e a programación está enfocada a ser un acto de acompañamento para as persoas que, nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Cemiterio
Martes, 30 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Día da Nai vólvese conmemorar no cemiterio municipal cunha ofrenda floral, música clásica e teatro

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, avanzou as actividades que organiza un ano máis a entidade local para conmemorar o Día da Nai no Cemiterio Municipal de San Froilán, un espazo que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico de Cemiterios de España e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España. Celebraranse este domingo, 5 maio, e están enfocadas a ser un acto de acompañamento para as persoas que, nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor.

As actividades comezarán ás 13:00 horas coa xa tradicional ofrenda floral, que irá acompañada dunha representación teatral, a cargo de Palioquiños e cia, baixo o título de Canto te quero nai! Apértasme?. Haberá ademais música clásica.

Rielo convidou aos veciños e veciñas a sumarse a esta programación, elaborada dende o máis fondo respecto e coa intención de acompañar a familias.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-dia-da-nai-volvese-conmemorar-no-cemiterio-municipal-cunha-ofrenda-floral-musica-clasica-e