Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O día 2 de setembro comeza o curso nas Escolas Municipais Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

O día 2 de setembro comeza o curso nas Escolas Municipais Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

Luns, 30 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Escolas Municipais de Educación Infantil de Serra de Outes e Gregorio Sanz, dependente da Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, comezan o día 2 de setembro a actividade do novo curso escolar 2010-2011.

O mércores 1 de setembro terá lugar ás 17.00 horas nas mesmas Escolas unha xuntanza informativa para pais e nais. Os técnicos informarán aos pais e nais dos alumnos e alumnas dos centros sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e tratarán todos aqueles temas nos que podían ter dúbidas.

Escola Infantil Serra de Outes [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-dia-2-de-setembro-comeza-o-curso-nas-escolas-municipais-infantis-de-serra-de-outes-e

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/escola_serra_outes