Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresa á cidade tras colaborar nas tarefas de limpeza e recuperación en poboacións afectadas pola DANA

O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresa á cidade tras colaborar nas tarefas de limpeza e recuperación en poboacións afectadas pola DANA

“O traballo dos bombeiros lucenses é un orgullo para a nosa cidade; demostraron unha vez máis que están sempre dispostos a axudar a quen máis o necesita,” subliñou a alcaldesa Paula Alvarellos.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Servizos xerais
Luns, 11 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresa á cidade tras colaborar nas tarefas de limpeza e recuperación en poboacións afectadas pola DANA

Despois de días de intenso labor en zonas afectadas pola DANA en Valencia, o destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresou onte ao municipio. A unidade, formada por dez efectivos, estivo centrada na apertura de vías, limpeza de garaxes e apoio á recuperación de infraestruturas clave como centros de saúde en áreas como Alfafar e Paiporta. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou que os efectivos lucenses “recibiron numerosas mostras de cariño e gratitud por parte dos veciños, que valoraron enormemente o seu apoio neste momento difícil”.

En paralelo ao desprazamento do destacamento, o Concello activou un dispositivo de recollida de doazóns, ao que a alcaldesa agradeceu “a gran resposta da cidadanía, que demostra unha vez máis o carácter solidario e xeneroso da sociedade lucense.” Nos próximos días, a axuda será enviada unha vez remate o proceso de clasificación. Ademais, o Concello de Lugo activará novos dispositivos de recollida sempre que a Federación Valenciana de Municipios lle faga chegar novas necesidades.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-destacamento-de-bombeiros-do-concello-de-lugo-regresa-cidade-tras-colaborar-nas-tarefas-de