Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Consello Escolar Municipal reúnese o mércores na Casa do Concello

O Consello Escolar Municipal reúnese o mércores na Casa do Concello

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Salón de Plenos acollerá o mércores, ás sete da tarde, a primeira reunión do Consello Escolar Municipal deste ano, na que se tratarán entre os temas que se demanden, as actividades que ofrece a Concellería de Educación dentro do programa escolar.

O Consello Escolar, conformado por 27 membros, entre profesores, pais, alumnos e sindicalistas, funciona neste concello dende o ano 1997. Nestes últimos catro anos celebráronse varias reunións, 2 no 2004, 3 no 2005 e 5 no 2006. NO 2007, concretamente o IES Lucus Augusti, acolleu en febreiro a reunión do Consello Escolar de Galicia, presidido pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

O Consello Escolar é un órgano consultivo, que foi renovado parcialmente este ano polo cese de alumnos e mestres, ademais de por esixencia do regramento.

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, ofrecerá un resumo do que foron as actividades durante este ano e das que formarán parte do novo curso.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-consello-escolar-municipal-reunese-o-mercores-na-casa-do-concello